Rescatados os catro tripulantes dun pesqueiro afundido fronte a monte Louro

MUROS> Rescatados catro mariñeiros fronte a monte Louro, en Muros, tras envorcar o pesqueiro no que faenaban. Trátase do ‘Nuevo Abeijón’ con base en Noia.

Foron outros pesqueiros que se atopaban na zona os que deron o aviso a Salvamento Marítimo, ó redor das dez e media da mañá.

Ó parecer o pesqueiro encallara contra unhas rochas e acabou afundindo, aínda que a tripulación puido poñerse antes a salvo nas pedras.

O mal estado da mar e a proximidade das rochas impedíalles prestarlle axuda, polo que se mobilizou de contado un operativo de rescate.

Foi o helicóptero Pesca 1, de Gardacostas de Galicia, o que conseguiu recoller ós mariñeiros e trasladalos posteriormente ó Hospital da Barbanza onde foron atendidos.

No operativo tamén participaron a embarcación Salvamar Regulus e a aeronave Helimer 401.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí