A praia muradá de San Francisco xa loce bandeira azul

MUROS> Esta mañá a alcaldesa, María Xosé Alfonso, xunto co edil Medio Ambiente, Xosé Manuel Quintela, procedían ó izado do distintivo que premia a calidade das augas e as instalacións, así como tamén a prestación de servizos neste areal. O areal de San Francisco, en Louro, volverá a lucir este ano a bandeira azul. É xa algo habitual nos últimos anos. Trátase dunha das praias máis concorridas do municipio. Dende o Concello destacaron a importancia de poder contar unha vez máis con este distintivo, garantía de calidade e de prestación de servizos. Ademais a alcaldesa sinalou que dende o Concello séguese aa postar por mellorar as súas prestacións e servizos. Este ano coa adquisición dunha segunda cadeira anfibia para poder ser empregadas por persoas de mobilidade reducida. A pesar de que san Francisco é sen dúbida un dos areais estrela do municipio, ó ser a que recibe cada verán a máis cantidade de bañistas, o equipo de goberno non descoida tampouco o resto de praias existentes do municipio. Existindo a posibilidade de que en vindeiros anos poidan optar tamén a este distintivo.