A conexión da Alameda co Campo da Feira será unha das prioridades do BNG se chega á alcaldía

NOIA> Baixo o lema ‘Unha Noia para as persoas’, o BNG presentase a estes comicios co convencemento da necesidade dun cambio de rumbo nas actuais políticas municipais en materia urbanística, co fin de converter á vila n un lugar no que a xente queira vivir.

Para o candidato desta formación, Ricardo Suárez, un dos proxectos para conseguilo sería a conexión da Alameda co Campo da Feira, incluíndo a reforma do paseo marítimo.

Para o BNG o modelo da Noia do futuro debería darlle prioridade ós peóns sobre o tráfico rodado, buscando a humanización  de varias rúas do casco urbano.

Aínda así os proxectos non deben cinguirse unicamente ó centro da vila e sería necesario conectar este coas zonas rurais, a través da creación de sendas peonís e de bici.

Outro dos puntos fortes do programa será a política medioambiental, buscando unha Noia máis verde, evitando os vertidos á Ría. Por esta razón traballarán para a creación dun Plan Plurianual para completar a actual rede de saneamento.