PONTEVEDRA> Na Pastelería Capri de Pontevedra aínda non cren o éxito que tivo a súa iniciativa solidiaria, a favor dos damnificados polo volcán da Palma. Conseguiron recadar máis de 6.000 euros, tres veces máis ca un sábado normal. Na confitaría, sobre todo, están impresionados coa solidariedade dos seus clientes.
A célebre tarta de amorodos con nata non é do único do que se fala estes días nesta confitería de Pontevedra. Os seus responsables decidiron poñer en marcha unha iniciativa solidaria para apoiar ás persoas damnificadas polo volcán da Palma.
Todo o recadado o sábado en Capri destinarase aos palmeiros, a través da ONG Mensaxeiros da Paz. Case 6.400 euros dos pontevedreses, que se di moi pronto, que marcharon xa cara a illa bonita.
Na pastelería explícannos que tiveron esta idea ao ve-las tráxicas imaxes que chegan dende A Palma. Entendían que non podían quedar cos brazos cruzados; e atoparon na súa clientela unha resposta inmellorable. E tamén agradecen as mostras de cariño recibidas pola xente por poñer en marcha esta acción.
Á vista dos resultados desta primeira iniciativa solidaria, en Capri xa pensan en organizar algunha outra nova campaña. Dende logo contan co apoio dos pontevedreses.