SALNES> Máis de 300 persoas desempregadas foron asesoradas polo servizo de orientación laboral comarcal da mancomunidade do Salnés. O programa presta asistencia aos veciños dos concellos de Meis, Meaño, Ribadumia e A Illa. Co servizo búscase mellorar as posibilidades de reinserción laboral dos máis de 1300 desempregados destes municipios.
A Mancomunidade do Salnés puxo en marcha hai 6 meses o servizo de orientación laboral comarcal. Un programa de asistencia a persoas desempregada coofinanciado pola Xunta de Galicia e que presta atención aos veciños dos concellos de A Illa, Meaño, Meis e Ribadumia. A agrupación destes municipios permitiulles cumprir cos requisitos necesarios para poder acceder a este servizo.
O servizo atende a 20 desempregados por día. O obxectivo é intentar chegar aos máis de 1300 parados para mellorar as súas posibilidades de reinserción laboral.
Con este servizo de orientación, dótaselle aos desempregados de toda a información e ferramentas necesarias para a busca de emprego.
Os concellos valoraron moi positivamente a labor deste servizo. O programa ten un custo de 25 mil euros anuais, o que supón, excluíndo a parte coofinanciada, un gasto anual por concello inferior aos mil euros.