Vilagarcía adquire un novo camión para Protección Civil preparado para calquera emerxencia

VILAGARCIA> Vilagarcía conta cun novo vehículo para o parque móbil do servizo de protección civil da vila. O camión tivo un custo de máis de 250 mil euros esta deseñado polos propios traballadores do servizo. Está preparado para cubrir todo tipo de intervencións en calquera punto do municipio.

Vilagarcía continúa reformando o seu servizo de protección civil. A última das achegas do concello permite ao servizo de emerxencias adquirir un novo vehículo para o seu parque móbil. O camión conta con todos os equipamentos necesarios.

Este novo vehículo ven a substituír a outro camión que cubría as mesmas emerxencias. O camión adquirido inclúe novidades importantes para mellorar o servizo.

A súa cor é chama a atención para evitar accidentes nas estradas cando estean realizando unha intervención. Pero a demais o camión conta numerosos dispositivos electrónicos que aportan máis información aos traballadores.

O seu tamaño tamén está pensado para que poida cubrir case todas as emerxencias do municipio.

O camión tivo un custo que superou os 250 mil euros. Unha aportación que ven necesaria dende o concello dado o importante traballo que realizan os efectivos da protección civil.

O camión non é o único que estrou a protección civil de Vilagarcía. O seus efectivos tamén contan agora con novos traxes preparados para cubrir calquera tipo de emerxencia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí