Alumnos da mancomunidade fórmanse no manexo de drones submarinos para loitar contra o furtivismo

SALNES> 23 alumnos do plan de emprego da mancomunidade do Salnés fórmanse na especialidade de drones submarinos. Con estas tecnoloxías colaborarán cos bateeiros  para vixiar os fondos mariños. Trátase de utilizar as novas tecnoloxías para loitar contra o furtivismo.

A mancomunidade do Salnés continúa formando aos seus participantes do plan de emprego nas novas tecnoloxías. Unha das novidades desta formación é o curso de drones submarinos. Unha tecnoloxía que será empregada en colaboración co sector do mexillón para loitar contra o furtivismo.

Os 23 alumnos xa superaron a formación teórica e agora comezan coas prácticas para poder vixiar os fondos mariños da Ría de Arousa.

Para o sector do mexillón é unha gran oportunidade para loitar contra o furtivismo e controlar a súa produción.

Os alumnos destacan a oportunidade de poder formarse nuns campos aos que non terían acceso de non ser polo plan de emprego da mancomunidade do Salnés.

Os alumnos contan xa co título de manexo de drones. Estas prácticas permitiranlles especializarse no sector do mar e ampliar a súas posibilidades de incursión laboral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí