A Feira do Libro de Rianxo dará cabida esta fin de semana a máis de 40 eventos

RIANXO> Seis librarías participarán na Feira do Libro de Rianxo que se celebrará entre o 22 e o 25 de xullo na vila. Ademais de presentacións e sinaturas de libros desenvolverase un amplo programa de actividades coa cultura como eixo común.

O venres á unha arrancará a feira do libro de Rianxo co pregón a cargo do escritor Suso de Toro. Durante toda o fin de semana pasarán pola feira numerosos escritores ben rianxeiros ou ben estreitamente vinculados a Rianxo que presentarán as súas últimas publicacións.

Haberá tamén actuacións musicais e espectáculos para tódolos públicos. As seis casetas instalaranse no campo de Arriba. Todas ofertarán un dez por cento de desconto nos seus libros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí