O novo vial de acceso a Monte Porreiro estará rematado en febreiro

PONTEVEDRA> O alcalde de Pontevedra visitou esta mañá as obras do novo vial de acceso a Monte Porreiro. Un proxecto de 1,1 millón de euros que se puxo en marcha o pasado mes de xuño e que rematará en febreiro de 2021.

As obras do novo vial de acceso a Monte Porreiro evolucionan a un bo ritmo. De feito, o obxectivo do goberno municipal é que estean rematadas en febreiro de 2021. Con este proxecto crearase unha nova conexión da cidade de Pontevedra con Monte Porreiro e Mourente, o que suporá un cambio na mobilidade da zona.

Un dos obxectivos principais do Concello coa construción deste novo vial é reducir o tráfico no entorno do río Lérez, permitindo así que nesa zona haxa unha mobilidade moito máis tranquila.

O vial ten unha lonxitude de 600 metros e nel haberá dous carrís de circulación e unha beirarrúa ampla na marxe esquerda. A inversión desta obra ascende a 1,1 millón de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí