Pontevedra únese á celebración da Semana Europea da Mobilidade

PONTEVEDRA> Pontevedra únese á celebración da Semana Europea da Mobilidade. Unha cita anual cuxo obxectivo é sensibilizar á cidadanía sobre as consecuencias negativas do uso do vehículo na cidade. No marco deste evento, Valencia concedeu hoxe á Boa Vila un premio de boas prácticas.

Este mércores arrancará oficialmente a Semana Europea da Mobilidade. Unha cita anual que xurdiu en 1999 e que busca promover entre a cidadanía o uso dos medios de transporte máis sostibles e saudables. No marco desta celebración, Pontevedra recibirá o premio de boas prácticas da Generalitat Valenciana.

Con motivo desta Semana Europea de Mobilidade, Pontevedra uniuse hoxe á campaña “O teu vehículo cero emisións”. Unha nova iniciativa das Cidades que Camiñan e na que terán gran importancia as zapaterías da vila.

Dentro das actividades deste ano, o concelleiro de Ordenación do Territorio participará este xoves nunha xornada organizada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica.  O día seguinte, a programación continuará cunha exposición que se levará a cabo na rúa Gutiérrez Mellado.

Para rematar esta semana, o sábado, presentarase o documental do colectivo Ecoloxistas en Acción titulado “A cidade que soñamos”. Por último, o domingo, os directores xerais do Concello participarán nun encontro virtual da Fundación Maphre para presentar o informe “Horizonte C3: Cidades case cero”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí