180 militares rastrexarán a Covid-19 en toda Galicia

PONTEVEDRA> 180 militares comezarán a traballar o vindeiro luns nas tarefas de rastrexo da Covid-19. O seu traballo centrarase en controlar e facer un seguimento daquelas persoas que poden estar infectadas de coronavirus en Galicia. O farán en coordinación co Sergas.

180 militares comezarán o luns a rastrexar a Covid-19 en toda Galicia. Deles, 110 pertencen ao Exército de Terra e outros 70 á Armada. Nestas instalacións poderá haber ata 40 militares traballando simultaneamente. O farán, iso si, distribuídos en tres quendas en horario de 9 a 22h de luns a domingo.

A intención do Ministerio de Defensa é que estes militares poidan rastrexar máis de 200 casos diarios. O seu traballo estará coordinado co Sergas, que será quen estableza os protocolos e obxectivos.

Aproveitando esta visita á base de Figueirido, Javier Losada quixo resaltar hoxe o compromiso do Goberno coa Xunta de Galicia.

Galicia non é a primeira comunidade na que estes militares realizan traballos de rastrexo. De feito, entre Galicia, Asturias e Castela e León, a Brilat distribuirá a unhas 210 persoas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí