NOIA> Varias das últimas actuacións producíanse nos núcleos de Prilloeiro e Sabardes, e tamén no vial que conecta Sanbreixo e Pazo.
As obras, realizadas con cargo a unha subvención da consellería de Medio Rural, contan cun orzamento total de máis de 35 mil euros.
O pavimento existente presentaba numerosas deficiencias, polo que se precisa unha rehabilitación integral para conservar e mellorar as súas características.
Estas obras súmanse a outras actuacións xa desenvolvidas nos últimos meses que teñen coma principal obxectivo a mellora dos accesos en diferentes tramos do entorno rural.