PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra pechará ao tráfico a rúa Alfonso XIII. Así o anunciou hoxe o edil de Obras, Demetrio Gómez. A decisión foi tomada co obxectivo de aumentar o espazo de recreo do Colexio Froebel. Ademais, os residentes desta rúa non poderán acceder aos seus garaxes durante o tempo que dure este tempo de descanso.
A partir das vindeiras semanas isto estará completamente prohibido. O Concello de Pontevedra cortará o tráfico desta rúa co obxectivo de convertela no patio do Colexio Froebel. Ao igual que aconteceu na rúa Raíña Vitoria, o goberno local instalará uns morróns coma estes para prohibir a circulación. Ademais, durante o tempo que dure o recreo, os residentes non poderán acceder aos seus garaxes.
O goberno municipal toma esta decisión despois das críticas xeradas tras o corte ao tráfico da Avenida Raíña Vitoria. Un corte que, segundo o edil de Obras, non xerou ningún tipo de problema entre a cidadanía.
Ademais do peche desta rúa, Demetrio Gómez anunciou hoxe unha medida que afecta á rúa Palamios.
O peche da rúa Alfonso XIII será efectivo nas vindeiras semanas, cando a Consellería de Educación formalice a solicitude do Concello. Ademais, o goberno local non descarta estender esta medida a outras zonas da cidade.