En pé de guerra contra a semipresencialidade no bacharelato

PONTEVEDRA> Concentración en Pontevedra. Alumnos e pais do Sánchez Cantón volvéronse manifestar hoxe contra a semipresencialidade de bacharelato. A comunidade educativa síntese discriminada con respecto a outros centros da cidade e pide unha nova solución á Xunta de Galicia.

As familias e o alumnado do Sánchez Cantón continúan en pé de guerra. A comunidade educativa deste centro volveu concentrarse hoxe en Pontevedra para demostrar, unha vez máis, a súa oposición á semipresencialidade no bacharelato. Unha decisión da Xunta de Galicia que discrimina aos estudantes deste instituto.

Segundo a Xunta de Galicia, a decisión de que o bacharelato sexa semipresencial tomouse pola falta de espazo existente neste centro para garantir as medidas de seguridade. Aínda así, os pais e nais dos alumnos seguen insistindo en que o motivo principal foi a falla de profesorado.

Coa semipresencialidade, os estudantes ten 15 horas de clase presencial á semana. Nas 17 restantes, o alumnado debe realizar tarefas dende os seus domicilios. Polo tanto, nin sequera contan cunhas clases telemáticas.

Na concentración de hoxe, os pais e alumnos do Sánchez Cantón contaron tamén co apoio da comunidade educativa do Valle Inclán. Estes son os dous únicos institutos afectados en Pontevedra pola semipresencialidade en bacharelato.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí