Arranca unha nova campaña de escavacións en Santa Clara, o paso previo ás obras de rehabilitación

PONTEVEDRA> Xa está en marcha unha nova campaña de escavacións arqueolóxicas no convento de Santa Clara. Hoxe arrancaron os traballos que permitirán avanzar no proxecto de rehabilitación do recinto e a súa adhesión ao Museo de Pontevedra. Agárdase que estas novas catas permitan determinar o pasado de todo o conxunto relixioso e analizar a súa evolución nos seus 750 anos de historia.

A esta frase de Winston Churchill recorreu o vicepresidente da Deputación de Pontevedra para ilustrar a importancia da nova campaña de escavacións arqueolóxicas que xa está en marcha en Santa Clara.

O obxectivo destes traballos é conseguir determinar o pasado e a evolución de Santa Clara nos seus 750 anos de historia. Dende a súa configuración como convento medieval ás diferentes fases construtivas.

Desta intervención encárgase a empresa A Citana Arqueoloxía, que xa realizou a intervención do 2021. Participarán ao redor de vinte profesionais de diferentes áreas e contarán coa colaboración de investigadores de varias universidades e centros de investigación.

Está previsto que a campaña se prolongue entre catro e cinco meses, aínda que dependerá finalmente dos achados e das indicacións da Dirección Xeral de Patrimonio. Posteriormente, elaboraranse as memorias da intervención. Será o paso previo á licitación das obras de rehabilitación.