As familias do Sánchez Cantón, fartas da pasividade da Xunta ante a semipresencialidade no bacharelato

PONTEVEDRA> Nova concentración do alumnado do Sánchez Cantón. As familias deste instituto volveron a manifestarse hoxe en Pontevedra contra a semipresencialidade. A comunidade educativa está farta de que a Xunta de Galicia faga oídos xordos ás súas peticións e que continúe sen ofrecer outra solución aos estudantes deste centro.

A comunidade educativa do Sánchez Cantón volveu a concentrarse unha vez máis en Pontevedra para esixir isto: a presencialidade en bacharelato. As familias están fartas de que a Xunta de Galicia faga oídos xordos as súas peticións e reclaman unha solución urxente.

Aínda que nos últimos días houbo unha visita por parte do delegado de Educación a este centro, as familias seguen sen recibir ningún tipo de información por parte da Xunta.

Os alumnos deste instituto pontevedrés séntense discriminados con respecto a outros centros. Ademais, aínda segue habendo moitas dúbidas sobre a mesa.

As familias do Sánchez Cantón non descansarán ata que as súas reivindicacións sexan atendidas e continuarán manifestándose ata que os seus fillos teñan igualdade de oportunidades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí