VILAGARCIA> O IES Castro Alobre aumentará a capcaidade das súas aulas derrubando dous tabiques. Esta foi a única proposta aprobada pola consellería de educación para evitar a semipresencialidade. O alumnado de segundo de bacharelato asistirá ás clases pola tarde.
A comunidade educativa do IES Castro Alobre leva semanas mobilizándose en contra da educación semipresencial. O centro víase obrigado a cumprir con esta medida ao non poder garantir as distancias de seguridade nas aulas. Para evitala, dende a comunidade educativa presentaron varias opcións á consellería de educación. A única aceptada foi a de tirar os tabiques e ampliar as aulas.
A previsión é que a obra estea terminada en 12 días. Mentres duren os traballos cada grupo perderá un máximo de dous días de clase.
A opción preferida polo centro e o concello era a de trasladar algúns grupos á escola de idiomas. Unha opción que foi rexeitada pola falta de espazos e polo tempo de clases que se perderían nos desprazamentos.
Dende o centro lamentan ter que trasladar ao alumnado pola tarde, pero entenden que é a única opción que tiveron para evitar a semipresencialdade. Por parte do concello mandaron unha felicitaron ao IES Castro Alobre por evitar a semipresencialidade. Dende Ravella culparon á Xunta pola falta de previsión e pola demora á hora de atopar unha solución.