Rescatada unha persoa tras sufrir unha caída nas piscinas naturais do río Pedras

POBRA> Novo accidente nas piscinas naturais do río pedras. Os bombeiros dos parques de Boiro e Ribeira tiveron que desprazarse na tarde de onte ata a zona para asistir a unha persoa que resultou ferida tras unha caída.

Ata o lugar foi mobilizado tamén o helicóptero do Pesca 1, xa que a muller atopábase nunha zona de difícil acceso para o seu rescate a pé.

Por desgraza este tipo de sucesos son bastante habituais durante o verán, xa que á zona acoden numerosos visitantes, atraídos pola beleza do entorno natural.

Ademais dos bombeiros e os equipos de emerxencias sanitarias do 061, tamén colaboraron no rescate Garda Civil e Policía Local e Protección Civil da Pobra.