AMBAR conecta as dúas marxes da ría de Arousa mediante un proxecto de accesibilidade

RIBEIRA> A lonxa de Ribeira acolleu a pasada tarde a presentación do proxecto Ría de Arousa Accesible que promove a asociación AMBAR en colaboración coa confraría da Illa. O obxectivo do programa, que conta cunha subvención dos GALP, é favorecer a accesibilidade no litoral con accións concretas dende o sector marítimo pesqueiro.

AMBAR e a confraría da Illa de Arousa promoven un proxecto para conectar as dúas marxes da ría a través da accesibilidade.

O proxecto Ría de Arousa Accesible, financiado cunha subvención dos GALP, aborda diversas liñas de accións como as xornadas divulgativas que se desenvolveron xa tanto en Ribeira como na Illa.

Ademais da sensibilización, o proxecto vén de poñer en marcha un servizo de asesoramento para entidades relacionadas co sector marítimo pesqueiro que buscan cumprir cos parámetros de accesibilidade esixidos. Constituírase un grupo asesor formado por persoas con diversidade funcional.

Están tamén a traballar na creación dunha web para dar a coñecer os recursos accesibles dispoñibles en tódolos concellos da ría de Arousa.