LOUSAME> A plataforma contra os vertidos da mina de San Finx denuncia a existencia de altísimos niveis de metais pesados nas augas abaixo das balsas mineiras. Ante os resultados das analíticas realizadas por Augas de Galicia, a vén de iniciar o correspondente expediente sancionador polo incumprimento dos parámetros.
A plataforma comarcal contra os vertidos da mina de San Fins fixo público o resultado das análiticas tomadas a principios de agosto por Augas de Galicia nas inmediacións da mina de San Finx.
Conclúen que as augas abaixo das balsas da mina de San Finx presentan niveis de cadmio que superan 78 veces o valor máximo legal permitido. O mesmo acontece con outros metais pesados como o cobre ou o zinc que exeden en 48 e 8 veces respectivamente os valores autorizados.
En contraste con estes datos, as mostras tomadas en augas arriba das balsas atópanse en valores normais o que evidencia, din, que a contaminación se produce polos vertidos ilegais da mina. Á luz destes resultados, a Xunta vén de abrir o correspondentes expediente sancionador á empresa polo incumrpimento dos parámetros de vertido.
Do mesmo xeito, as confrarías de Noia e Portosín, que inciaron un proceso penal contra a empresa por presuntos delitos contra o medio ambiente xa trasladaron estas novas evidencias ó Xulgado instrutor da causa para a adopción de medidas cautelares. en paralelo á causa pena, están en cursos outros procedementos xudiciais contra a autorización dos vertidos outorgada o pasado mes de febreiro.