PONTEVEDRA> Como cada 19 de outubro, hoxe celébrase o Día Mundial Contra o Cáncer de Mama. Unha enfermidade que afecta a gran parte da poboación do noso país. A Asociación Española contra o Cancro saíu a rúa para seguir concienciando á sociedade sobre a importancia da investigación e do diagnóstico precoz no cancro.
“Saca peito por elas”, ese é o lema da campaña deste ano da Asociación Española Contra o Cancro. Como cada 19 de outubro, este colectivo saíu hoxe a rúa para celebrar o Día Mundial Contra o Cáncer de Mama e seguir recordando á sociedade a importancia do diagnóstico precoz.
En España, diagnostícanse máis de 30.000 casos de cáncer de mama ao ano. De feito, é o tumor maligno máis frecuente entre a poboación feminina e o segundo entre a poboación xeral. Por sorte, 9 de cada 10 pacientes conseguen superar a enfermidade.
No noso país segue existindo unha falta de información sobre este tipo de tumor, un problema que moitas veces xera medo e ansiedade entre os pacientes. Por iso é fundamental saír a rúa cada 19 de outubro para dar visibilidade a esta enfermidade e seguir sacando peito por todas elas.