Os traballadores acusan a Transición Ecolóxica de ‘acoso’ e retomarán as mobilizacións con ‘máis contudencia’

PONTEVEDRA> Dende a Xunta, pola súa banda, seguen a apostar na adscrición dos terreos de Lourizán ao Porto de Marín como a única solución. Piden prudencia, á espera de que o consello consultivo se pronuncie sobre este tema. En canto aos traballadores, hoxe non se amosaron sorprendidos por esta nova sentenza da Audiencia Nacional. Pero si sobre o pronunciamento do Ministerio para a Transición Ecolóxica tras coñecer o fallo, sinalando que xa barallan unha saída ordeada e un calendario razoable para a demolición de ENCE. Falan de acoso e chantaxe.

Tras coñecer a terceira sentenza da Audiencia Nacional contra a prórroga concedida a ENCE o Ministerio para a Transición Ecolóxica declaraba que xa están a traballar nun hipotético peche da fábrica. Apostaban por unha saída ordenada e un calendario razoable de demolición. Un posicionamento que sorprendeu aos comités de oficinas e de fábrica, que advirten de que non hai unha resolución firme.

O que non lles sorprendeu foi a liña da sentenza da Audiencia Nacional, que coincide cos seus fallos sobre os recursos presentados polo concello de Pontevedra e Greenpeace. Xa teñen pensado recorrer tamén ao Tribunal Supremo.

Ademais xa están a plantexar novas mobilizacións para defender os seus postos de traballo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí