Os comercios do Salnés garanten a seguridade dos seus establecementos

VILAGARCIA> O medo provocado pola situación sanitaria pon en apuros ao comercio local. Dende os negocios defende que os seus establecementos son seguros. En Vilagarcía, a asociación de comerciantes zona aberta agradece iniciativas como a de Son da Casa para favorecer as compras no comercio local.

As restricións sanitarias tamén afectan ao comercio local. O aumento dos contaxios leva á xente a non acudir aos establecementos comerciais por temor. Dende o sector sinalan que os seus negocios cumpren con todas as medidas e que son seguros.

O comercio local leva anos loitando coa dura competencia das vendas das grandes multinacionais por internet. Pero dende o sector sinalan que a veciñanza está valorando máis ao establecemento de proximidade.

O sector sinala que a dixitalización de moitos negocios está axudando a que os clientes acudan máis ao comercio local. En Vilagarcía, a asociación de comerciantes tamén agradece a ampliación da campaña Son da Casa organizada polo concello.

Dende zona aberta sinalan que estas campañas son as que necesita o comercio local. Iniciativas para fomentar as vendas no establecemento de proximidade.

A parte das iniciativas das administracións, dende zona aberta tamén lanzan as súas propias campañas. Coa actual sortearán 2500 euros para aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados ao longo deste mes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí