O BNG de Vilagarcía coloca unha pancarta no ambulatorio para reclamar a volta da sanidade presencial

VILAGARCIA> Nova actuación do BNG en Vilagarcía para loitar por unha sanidade de calidade. A formación colocou unha pancarta no ambulatorio de San Roque para reivindicar a atención básica presencial. Os nacionalistas tamén están recollendo firmas para levar esta reivindicación ao parlamento galego.

O BNG de Vilagarcía volve mobilizarse á favor da sanidade publica. No acto de hoxe, a formación colocou unha pancarta no ambulatorio de San Roque para reclamar a volta da atención básica presencial.

Ademais de colocar a pancarta, a formación tamén estivo recollendo firmas para levar a reivindicación ao parlamento galego. A recollida de firmas está dispoñible en todas as farmacias da vila agás na da Rúa Castelao. O prego de sinaturas tamén recolle a reapertura do centro médico de Vilaoxán despois dunha nova negativa da consellería.

A líder da formación en Vilagarcía tamén denunciou a falta de previsión da xunta coa campaña da vacina da gripe.

Dende o BNG están estudando outra formas de reivindicación para evitar as mobilizacións coa situación actual. Dende o BNG animan a xente a reclamar polos seus dereitos e póñense a disposición da veciñanza para axudalos.