Valdecorvos contará, a finais de 2022, con 33 novas vivendas de protección autonómica

PONTEVEDRA> O Instituto Galego de Vivenda e Solo adxudica dúas parcelas en Valdecorvos para a construción de 33 novas vivendas de protección autonómica. Así o anunciou hoxe en Pontevedra a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez. A previsión é que as obras rematen a finais de 2022.

O Instituto Galego de Vivenda e Solo adxudicou dúas parcelas neste polígono residencial de Valdecorvos para a construción de 33 novas vivendas de protección autonómica. Trátase de dous terreos de máis de 3.200 metros cadrados que foron entregados a unha cooperativa por un importe de 1,3 millóns de euros.

As 33 vivendas serán modulares, terán un tamaño de 105 metros cadrados e contarán cun baixo e unha altura, dúas prazas de garaxe e un rocho. O prezo oscilará os 175.000 euros máis IVE.

Estas dúas parcelas súmanse a outras catro coas que a Xunta de Galicia conta no Concello de Pontevedra. Unha delas está situada no barrio de Monte Porreiro.

A previsión da Xunta é rematar estas 33 vivendas a finais de 2022.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí