OUTES> Outes vivirá mañá o día grande do seu entroido. Ademais do desfile e concurso de disfraces celebrará o Enterro da Sardiña, unha cita máis lonxevas do calendario festivo que porá o broche de ouro ás celebracións.
Todo listo en Outes para despedir o entroido por todo o alto. Mañá, festivo local no municipio, terán lugar algunhas das citas máis destacadas. Comezarán ás cinco da tarde concurso de disfraces no pavillón polideportivo da Serra. De aí, unha vez rematado, partirá a comitiva fúnebre para dar o último adeus á sardiña.
Ademais da animación musical, acudirán a despedir a sardiña os actores do grupo de teatro amador Terra de Outes que animan ós veciños a sumarse ó enterro.
A incineración terá lugar na praza do Bosque onde se servirá unha chocolatada para tódolos asistentes.











