Arrancan as obras de saneamento en Foxacos

RIANXO> A empresa NOSA, adxudicataria das obras, iniciou a pasada semana os traballos para a dotación deste importante servizo. A actuación, que será financiada con cargo ó Plan Único da Deputación da Coruña, ascende a uns 160 mil euros.

A pasada semana iniciábanse as obras de saneamento no núcleo de Foxacos, na parroquia do Araño. O proxecto, financiado con cargo ó Plan Único da Deputación da Coruña, conta cun orzamento duns 160 mil euros. O alcalde confía en que as obras poidan estar xa rematadas antes do vindeiro verán.

A actuación a realizar é moi semellante ó que se desenvolveu na aldea de Cerqueiras, a través dun sistema de depuración autónomo e virá a dar servizo a unhas 35 vivendas.

Con esta actuación o executivo rianxeiro dá un paso máis cara o saneamento integral do municipio. Nos próximos meses o Concello ten intención de sacar tamén a licitación outros proxectos importantes como é o caso da primeira fase do saneamento de Burés, ademais do de Vilas, Pousada e Quintáns.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí