Ribadumia mantén vivo o espírito da Festa do Viño Tinto co #disTinto

RIBADUMIA> Un ano calquera sen coronavirus, Ribadumia prepararíase este venres para a súa festa grande. A Festa do Viño Tinto do Salnés é unha máis das celebracións canceladas este ano pola alerta sanitaria, pero a localidade non quere renunciar de todo á súa cita máis importante. Como alternativa propoñen tres concursos para dinamizar o comercio local e animar aos veciños a vivir a festa de xeito diferente e quecer motores de cara o ano que vén.

A primeira fin de semana de xuño do 2020 será ben diferente no concello de Ribadumia. Un ano normal, este venres os veciños prepararíanse para a súa festa máis importante: a Festa do Viño Tinto do Salnés. Este 2020, a cita sumouse á amplísima listaxe de celebracións canceladas pola COVID-19.

Pero o concello de Ribadumia non renuncia á súa Festa do Viño Tinto do Salnés. Apelando ao espírito da celebración, o goberno local anima aos veciños a gozar dunha proposta bautizada como #distinta. Será a través de tres concursos, un deles pensado para dinamizar o comercio.

As outras dúas iniciativas diríxense á veciñanza. Con dous concursos, un de decoración dos exteriores das vivendas e outro a través do Facebook do concello con fotografías de como están a vivir a festa no fogar, o concello xa pensa no vindeiro ano.

Os premios serán uns vales de 50 euros para empregar no comercio local.