Os sindicatos sanitarios piden a dimisión da xerencia da área de Pontevedra e O Salnés

PONTEVEDRA> Os sindicatos sanitarios volveron a pedir hoxe a dimisión da directiva da área de Pontevedra e O Salnés. Fixérono nunha concentración ás portas do Hospital Provincial. Estes colectivos aseguran que se están a incumprir os protocolos derivados da Covid e esixen máis recursos para os traballadores.

Os sindicatos sanitarios esixen a dimisión da xerencia da área de Pontevedra e O Salnés. Estes colectivos aseguran que a situación dos traballadores desta área é preocupante e denuncian o aumento na incidencia acumulada neste sector.

Ademais de pedir a dimisión da xerencia, Cándido Sartier asegurou hoxe que nesta área non se están a cumprir os protocolos antiCovid marcados pola Xunta.

Os sindicatos volveron a poñer hoxe sobre a mesa a precariedade coa que están a traballar os sanitarios nos centros e denunciaron a falta de recursos para paliar a Covid.

Cándido Sartier aproveitou esta concentración para manifestar o seu malestar ante á pasividade da cidadanía, a quen pediu que mostre o seu rexeitamento pola actitude que está a adoptar o Sergas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí