Meis, Meaño e Ribadumia cumpren coas restricións e non rexistran ningunha incidencia

SALNES> Preocupación en Meaño, Meis e Ribadumia pola situación sanitaria dos seus concellos. Os alcaldes e a alcaldesa apoian a decisión do comité técnico e piden á veciñanza que estreme as precaucións. O que máis lamentan das restricións é o peche da hostalería.

A consellería de Sanidade incluíu a pasada fin de semana a Ribadumia, Meis e Meaño nos concellos con restricións sanitarias. Unha medida que supón a limitación da mobilidade dos veciños destes concellos unicamente entre os tres municipios. Nos primeiros días, os concellos non detectaron ningunha incidencia.

Na actualidade Ribadumia baixou aos 72 casos, Meis aos 26 e Meaño aos 21. Os alcaldes e alcaldesa piden á veciñanza que aumente as precaucións.

Os rexedoras lamentan especialmente que estas medidas supoñan o peche da hostalería.

No resto dos concellos da comarca, a xornada deixa uns datos alentadores, aínda que Vilagarcía e o Grove manteñen as mesmas cifras 81 e 46 respectivamente, Vilanova baixa a 23 contaxios, Sanxenxo a 91 e Cambados aos 66.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí