Requisan vinte gramos de haxíx en Boiro

BOIRO> A Garda Civil de Boiro requisoulle  a un veciño da localidade un total de dez pequenas bolsas de plástico con haxíx. A droga tiña un peso aproximado duns 20 gramos. Estaba no interior dunha bandoleira, no que tamén levaba ó redor duns cen euros en moedas. Ademais de retirarlle a droga e o resto de efectos que portaba, os axentes deron traslado dos feitos ó Xulgado de Ribeira. O individuo está acusado dun presunto delito contra a saúde pública.