BARBANZA> Ó longo deste 2024, o alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, presidirá a mancomunidade de municipios Barbanza Arousa.
Esta mañá celebrouse o pleno da entidade onde se oficializou o traspaso de poderes.
O rexedor ribeirense substituirá no cargo ó alcalde de Boiro, Xosé Ramón Romero, que veu exercendo este cargo ó longo de 2023.
Na súa última intervención coma presidente, este último fixo balance do traballo realizado baixo a súa presidencia.
Así destacou o inicio de proxectos tan importantes coma o plan de sostenibilidade turística, o proxecto de destino turístico intelixente ou a implantación dos sistema integral de calidade en destino, entre outros.
O novo presidente de Barbanza Arousa dixo asumir a presidencia co reto de levar adiante os proxectos xa encamiñados co fin de seguir promocionando esta comarca como o mellor destino turístico.
Precisamente unha das primeiras citas que afrontará o ente supramunicipal será a súa participación activa a vindeira semana, en Madrid, na Feira Internacional de Turismo, FITUR, a onde acudirán cunha proposta baseada outra vez na enogastronomía.











