Barbanza Arousa renova o convenio de colaboración coa Asociación Alberto Romero

BARBANZA> En virtude do acordo asinado esta mañá en Boiro, a entidade supramunicipal volverá a colaborar co certame audiovisual que promove este colectivo destinado ó alumnado da comarca.

A Mancomunidade Barbanza Arousa volve refrendar o seu compromiso na promoción da cultura audiovisual coa sinatura dun novo convenio de colaboración coa Asociación Cultural Alberto Romero.

En virtude do acordo a entidade supramunicipal colaborará na realización da quinta edición do certame audiovisual que promove a asociación Alberto Romero dirixido ó alumnado dos distintos centros da comarca. Como é habitual haberá catro modalidades, cun premio de trescentos euros cada unha.

A edición deste ano presenta ademais unha novidade…

As inscricións para participar no certame xa están abertas. O prazo remata o 31 de decembro. Toda a información e as bases do concurso pódense consultar a través da web: www.albertoromero.org.