MEIS> Os reis magos conectarán por videochamada cos nenos e nenas de Meis. A iniciativa do concello busca alegrar o nadal aos máis cativos cumprindo coas medidas anti covid. Ademais o goberno local poñerá en marcha unha nova recollida de alimentos solidaria.
O concello de Meis adapta o seu nadal ás medidas anti covid. A situación actual impide a celebración da cabalgata de reis, pero como alternativa, o concello conectará por videochamada con todos aqueles nenos e nenas que o soliciten.
O concello busca con esta medida que os máis pequenos non perdan ilusión. Conscientes de que moitas familias non teñen un bo acceso á internet. Un paxe cunha tablet percorrerá as casa dos que teñan dificultades para contactar por vídeochamada cos reis.
Dende o concello tamén sons conscientes das necesidades que pasan moitas familias debido á situación actual na que nos atopamos. Por elo, para que ninguén pase un mal nadal en Meis, o concello pon en marcha unha nova recollida de alimentos solidaria.
O concello tamén mercará xoguetes novos para agasallar aos nenos e nenas daquelas familias que teñan máis dificultades. Todas aquelas familias interesadas en formar parte de calquera das iniciativas poderán inscribirse de forma online ou contactando coa concellería de servizos sociais.