Durán reclama á mancomunidade que aclare o futuro do proxecto da senda peonil a Cambados

VILANOVA> O alcalde de Vilanova asegurou que o millón de euros destinado para mellorar o saneamento na súa vila e en Cambados, forman parte dun proxecto común que conleva a creación dunha senda litoral que une as dúas vilas. O popular criticou á mancomunidade por descoñecer este proxecto e asegura que se levará a cabo, coa axuda ou sen ela, do ente comarcal.

Os dous investimentos que a xunta levará a cabo nas melloras de saneamento en Vilanova e Cambados levan aparellado un proxecto común, a creación dunha senda peonil entre ambas vilas. Así o asegurou o alcalde de Vilanova e expresidente da mancomundiade do Salnés.

Durán asegura que o seguinte paso para crear a senda peonil sería que os concellos expropiasen unha pequena franxa de terreo no límite costeiro de ambos municipios. Un proxecto que ía a xestionar ente comarcal pero que segundo Durán, a mancomunidade descoñece.

No caso de que o ente comarcal non continúe o proxecto, o concello de Vilanova contactará co de Cambados para facelo pola súa conta. O que asegura o alcalde vilanovés é que o proxecto na súa vila levarase a cabo coa mancomunidade do Salnés ou sen ela.

En caso de que ambas vilas cumpran co proxecto, Gonzalo Durán tamén asegurou que Costas comprometeuse a crear unha pasarela para rematar a senda peonil. O vilanovés destacou a importancia que esta ruta tería para continuar promocionando a ruta do Pai Sarmiento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí