Cheo ata a bandeira no Paseo da Calzada para inaugurar a XXLIII Festa do Albariño de Cambados

CAMBADOS> Este mediodía o Paseo da Calzada de Cambados estaba ata a bandeira. Ninguén quixo perder o arranque da raíña das festas, a do Albariño. Pasada a 1 do mediodía e despois do pregón, os stands das adegas comezaron a servir os seus viños. Comezando así cinco días de festa que se prometen intensos.

Con esta particular banda sonora, o pregoeiro da Festa do Albariño deste ano marcaba o arranque da cita ante unha Praza do Concello ata a bandeira.

Tralo pregón, tocou o corte da cinta, inaugurando así oficialmente a septuaxésimo terceira edición dunha das festas máis importantes do Salnés.

De feito, xa ao mediodía era practicamente imposible moverse polo Paseo da Calzada. Aos lados, os stands das 44 adegas participantes xa servían as primeiras copas.

Pero a Festa do Albariño non é só importante para o sector vitivinícola das Rías Baixas. Algo que volveu demostrar a presenza de autoridades na inauguración de hoxe.

Hoxe comezou a festa propiamente dita pero xa onte os cambadeses comezaron a quentar motores. Fixérono co día que coñecen na vila como ‘pé de cuba’, que contou coa orquestra Panorama actuando en Fefiñáns.

Tralo tiro de saída, a axenda non para. Mañá celebrarase a cata prima da Cata Concurso da Festa do Albariño de Cambados. Tamén está prevista a inauguración do Túnel do Viño no Salón José Peña.