O GROVE> Os traballadores de Ence volveron mobilizarse en defensa dos seus postos de traballo, coincidindo coa derradeira xornada do foro que se está a celebrar na Toxa. Na ponte de acceso á illa meca, varias ducias de traballadores berraron proclamas contra o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que hoxe clausurou o foro.
Ao paso do vehículo oficial, os manifestantes asubiaron e apuparon ao presidente.O despregamento policial impediu que a marcha accedese á illa da Toxa pero, con todo, si conseguiron a un representante de protocolo da Presidencia o manifesto onde os traballadores explican as consecuencias que, ó seu parecer, suporía para Pontevedra o peche da pasteria.
Hai dous días, na inuguración do foro, conseguiron entregar ese mesmo documento a un membro do Gabinete da vicepresidenta primeira Nadia Calviño.