A Xunta lanza unha nova campaña para fomentar o consumo cultural entre todos os galegos

PONTEVEDRA> Pontevedra inaugurou hoxe o Culturgal, a maior Feira de Industriais Culturais de Galicia. Aproveitando esta celebración, o conselleiro Román Rodríguez quixo presentar na Boa Vila unha nova campaña cultural da Xunta de Galicia. Con ela, búscase fomentar o consumo neste sector entre toda a cidadanía.

“Fomentar o consumo de produtos culturais”, ese é o obxectivo desta nova campaña da Xunta de Galicia. Un programa que se desenvolverá ata o mes de xaneiro e que está enmarcado no Plan de reactivación cultural da administración autonómica.

Coa intención de chegar a toda a cidadanía, esta campaña difundirase a través de tres canais. Ademais de estar presente na rúa e nos diferentes medios de comunicación, as redes sociais terán tamén un papel fundamental nesta iniciativa.

A Xunta de Galicia quere favorecer así á recuperación e reactivación de todos os sectores culturais, en especial de cara ao Nadal. Por iso, nesta campaña participarán tamén algunhas das caras máis recoñecidas dentro do panorama cultural galego.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí