Falece un motorista de trinta e tres anos nun accidente en Castiñeiras

RIBEIRA> O sinistro producíase ó redor da unha da tarde no lugar da Aldea, en Castiñeiras. Por causas polo de agora descoñecidas, a motocicleta que conducía acabou colidindo cun camión de bombonas que realizaba o reparto pola zona. Ata o lugar do sinistro trasladáronse rapidamente efectivos do Parque de Bombeiros de Ribeira, o Grupo Municipal de Emerxencias e a Policía Local, así como tamén unha ambulancia do 061.

Tamén se mobilizou o helicóptero de emerxencias do 112 aínda que finalmente non chegou a actuar, ó certificarse xa o seu falecemento.

Ademais achegáronse ata a zona varias dotacións da Garda Civil de Tráfico  para a realización do correspondente atestado e así determinar as posibles causas do accidente.

A nova da morte do mozo causou unha gran consternación na parroquia, ó tratarse dunha persoa moi coñecida. Dáse a circunstancia ademais que o accidente producíase a escasos metros da casa familiar.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí