Poio instala ‘Aldeas de Nadal’ en todas as parroquias para repartir a programación festiva

POIO> O Nadal está a piques de comezar no concello de Poio. Esta fin de semana arrincará toda a programación deseñada polo goberno local que conta coa colaboración de máis de 40 colectivos de todo o municipio. O alcalde, Ángel Moldes, asegura que hai actividades para todas as idades que, ademais, estarán espalladas por todas as parroquias. Os puntos de encontro serán as Aldeas do Nadal, unha das novidades deste ano.

O Nadal prenderase en Poio este sábado. Unha festa de inauguración da Praza do Mosteiro darase o tiro de saída a unha programación completa.

Para darlle forma, participarán máis de corenta colectivos do municipio. Tamén o alumnado dos centros escolares, que se encargou da decoración dos elementos das Aldeas de Nadal. Unha das novidades deste ano.

Tamén se instalará a carpa de ‘Poio Máxico’ na Seca, cunha zona de xogos e obradoiros para o público familiar.

Outra das novidades deste ano ten que ver coa cabalgata dos Reis Magos que en Poio será o día 6 da xaneiro.

O día 5, a tradicional cabalgata substitúese por un percorrido das súas Maxestades polas parroquias de Poio no Tren Real. Tamén serán os protagonistas dunha Recepción Real na carpa da Seca.