CAMBADOS> Cambados abre as portas da súa primeira feira de artesanía feminina. Situada no paseo da Calzada, na feira pódense mercar produtos de todo tipo elaborados por mulleres. Entre a súa oferta atópanse artigos de artesanía, téxtil o produtos alimenticios. Estará aberto durante toda a fin de semana e a entrada é de balde.
O concello de Cambados pon en valor o traballo das mulleres en diferentes sectores coa celebración da súa primeira feira de artesanía femenina. Trátase dun mercado situado no paseo da Calzada composto por 30 stands con produtos creados por mulleres.
A feira non permite só amosar os produtos destas creadoras, se non poñer en valor as súas destrezas por riba incluso das propias elaboracións.
Os produtos ofertados nesta feira abarcan moitos sectores.
As artesás valoran de forma moi positiva a realización desta feira.
Tamén sinalan que para elas é unha oportunidade para aumentar a promoción dos seus produtos.
Ademais dos stans, a feira contará con diferentes actividades para dinamizalo mercado. Actividades como un showcooking organizado polo obradoiro de hostalería da Mancomunidade do Salnés, actuacións musicais e xogos para os máis pequenos. A feira estará aberta durante toda a fin de semana e a entrada é de balde.