PONTEVEDRA> Culler de Pau non foi o único restaurante da nosa provincia galardoado cunha Estrela Michelín. O Eirado converteuse no primeiro establecemento da cidade de Pontevedra en obter este recoñecemento. O cociñeiro Iñaki Bretal mostrábase hoxe así de satisfeito tras coñecer a noticia.
Así celebrou hoxe o equipo do Eirado a súa primeira Estrela Michelín. Un recoñecemento que chega por fin á cidade de Pontevedra e que premia o excelente traballo que este restaurante ven realizando dende hai moitos anos.
Neste recoñecemento, a Guía Michelín puxo en valor “a cociña persoal e de fondas raíces galegas” que ten Iñaki Bretal e realzou “a excelente calidade dos seus produtos”.
Conseguir unha Estrela Michelín é sen dúbida un dos maiores premios que pode ter un restaurante, porque con este recoñecemento se aplaude o esforzo que realiza diariamente un equipo coma este. Por iso, o cociñeiro Iñaki Bretal ten claro que non mudará a súa filosofía de traballo.
Esta Estrela Michelín chegou xusto no momento perfecto xa que hoxe O Eirado volveu a abrir as súas portas tras moitos días cos fogóns apagados.
Se algo puxeron de manifesto os recoñecementos entregados este ano pola Guía Michelín é que en Galicia, e máis concretamente na provincia de Pontevedra, este sector ten moito futuro por diante.