O Concello de Pontevedra comezará a repartir as axudas Supera20 a vindeira semana

PONTEVEDRA> O Concello de Pontevedra comezará a repartir as axudas Supera20 a vindeira semana. Así o anunciou hoxe a portavoz do Goberno, Anabel Gulías. As subvencións ascenderán a máis de 500.000 euros e serán repartidas entre uns 166 beneficiarios.

As axudas Supera20 comezarán a repartirse a vindeira semana. Así o anunciou hoxe Anabel Gulías. A contía final desta subvención quedou fixada en 507.000 euros. Unha cantidade que será repartida entre 166 beneficiarios.

Nos vindeiros días celebrarase unha Xunta de Goberno para ordenar o pago das axudas aprobadas e así poder repartir as subvencións a próxima semana. Cabe destacar que todas as empresas recibirán a contía demandada e que a maior parte das solicitudes proceden do sector da hostalería.

En paralelo, o Concello de Pontevedra comeza a preparar xa as bases do programa Supera21. Polo de agora, o goberno local está a manter reunións con diferentes colectivos da cidade para perfilar esas axudas. Destes encontros saíu xa unha decisión: a de non cobrar a taxa municipal de veladores.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí