Poio presenta “O que se dá non se quita”, unha campaña que nace para fomentar o uso do galego

POIO> “O que se dá non se quita”. Ese é o nome da nova campaña do Concello de Poio. Unha iniciativa que nace para potenciar o uso do galego entre todos os veciños e, en especial, entre a mocidade. O proxecto levarase a cabo nas redes sociais.

Este é un dos vídeos que forma parte da campaña “O que se dá non se quita”. Un proxecto da Concellería de Normalización Lingüística de Poio que nace co obxectivo de promover e fomentar o uso da lingua galega entre a veciñanza.

A iniciativa “O que se dá non se quita” pretende poñer a disposición da veciñanza novas ferramentas para continuar aumentando o uso do galego no Concello. Pero sobre todo, para facelo entre a mocidade. Por iso, a campaña levarase a cabo nas redes sociais a partir da vindeira semana.

Cabe destacar que esta é unha das primeiras iniciativas que se poñen en marcha tras a aprobación da nova ordenanza de impulso do galego no Concello de Poio. Pero non será a única, xa que o goberno  local está a preparar novos proxectos para os vindeiros meses que irán destinados ao comercio local e a hostalería.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí