PONTEVEDRA> Corenta proxectos empresariais con menos de 3 anos e medio de vida buscan promoción e sinerxías dende a carpa da PontUp Store.
Son os elixidos entre os 150 candidatos que se presentaron a esta novena edición. Contan dende a organización que a deste ano está marcada pola aposta pola sustentabilidade e o coidado do medio ambiente dos proxectos.
Plántate e NoBook son tan só dúas das empresas que podemos coñecer nesta carpa. Pero se hai algo que caracteriza o PontUp Store é o seu carácter multisectorial.
Por iso estes proxectos comparten espazos con outros relacionados coa enxeñería e a innovación…
Ou incluso coa alimentación. Para todos os membros da familia.
Propostas ben diferentes pero que coinciden nunha cousa: na oportunidade que lles ofrece PontUp para dar a coñecer os seus proxectos.