O GALP celebra en Pontevedra un evento para poñer en valor o produto pesqueiro de proximidade

PONTEVEDRA> A Praza de Abastos de Pontevedra acolleu hoxe unha acción promocional do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra. Un evento que serviu para poñer en valor o produto pesqueiro de proximidade. O acto contou coa colaboración dos restauradores Juan Castiñeira e Pepe Solla.

Poñer en valor o produto pesqueiro de proximidade. Ese era o obxectivo deste evento organizado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra. Un acto que tivo lugar hoxe na Praza de Abastos de Pontevedra.

Ademais de achegar ás persoas consumidoras os beneficios do produto local, nesta charla deuse a coñecer tamén a plataforma Pescado Artesanal.

O acto contou cunha charla do técnico da Lonxa de Campelo, Andrés Simón e culminou coa preparación e degustación de dúas receitas dos restauradores Juan Castiñeira e Pepe Solla.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí