O Belén móbil de Aguiño incorpora este ano catro figuras novas

RIBEIRA> O adro da igrexa de Aguiño volve lucir este Nadal a súa mellor cara grazas ó belén móbil elaborado por Miguel Abraldes. O nacemento conta con máis dun cento de figuras; a metade en movemento o que lle dá un aspecto moito máis realista a esta estampa navideña.

Un ano máis os veciños de Aguiño poden presumir de Belén durante este Nadal. As experimentadas mans de Miguel Abraldes están detrás da elaboración deste nacemento móbil que conta con máis dun cento de figuras. Dende hai anos, este mariñeiros aproveita os seus ratos libres para darlle movemento ás figuras, unha tarefa complicada e na que inviste horas e horas para conseguir un resultado tan profesional.

O nacemento, incorpora este ano catro novidades entre as que destacan as figuras do cavador e as lavandeiras.

Estas figuras incorpóranse ás xa existentes en anos anteriores, entre as que destaca, por exemplo, a coordinador dos movementos do leñador.

Aqueles que desexen contemplar este nacemento que conta con medio cento de figuras móbiles e outras estáticas poderán facelo ata despois de Reis, en horario de oito da mañá ás once da noite.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí