Garda civís contra curas.. e todo por unha boa causa

BOIRO> O campo municipal de Vista Alegre acollerá o vindeiro 15 de decembro, ás cinco da tarde, un partido de fútbol que enfrontará a curas contra garda civís.

A cita, sen parangón, terá un carácter solidario, xa que todo o que se recade irá en beneficio de Cáritas.

As entradas para asistir a este duelo insólito, no que o espectáculo está garantido, xa están á venda, cun prezo anticipado de tres euros. O día do partido será de cinco.

Aínda así existen outro tipo de fórmulas para poder colaborar coa causa.

Na presentación do encontro tamén participou o alcalde, Xosé Ramón Romero, que destacou este tipo de iniciativas con carácter solidario.

O único que falta é que ese día acompañe o tempo…e niso igual o clero xoga con ventaxa.