O PP da Pobra culpa ó goberno da inseguridade cidadá derivada da falta de policías

A POBRA> O PP da Pobra denuncia o aumento da inseguridade cidadá derivada da falla de persoal na Policía Local. Acusa ó goberno de falta de previsión por non ter convocado as prazas en tempo e forma para a súa cobertura provocando que tan só estean en activo dous axentes.

O Partido Popular responsabiliza ó goberno municipal da situación de inseguridade cidadá que se vive no municipio ante o incremento dos roubos. Dende 2018 producíronse 4 xubilacións no corpo, prazas que aínda non foron cubertas polo que o cadro de persoal permanece baixos mínimos.

Á escaseza de persoal súmase, segundo o PP, a falla de medios técnicos do corpo policial que non contan coa dotación de equipos necesarios para desenvolver o seu traballo.

Os populares acusan ó goberno de improvisar anunciando a contratación de seguridade privada, idea que tiveron que desbotar posto que o persoal non contaría coas competencias propias das forzas policiais.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí