A área de Pontevedra e O Salnés, agardando pola vacina contra a covid-19

GALICIA> Usuarios e persoal das residencias de anciáns da nosa contorna agardan xa pola vacina contra a covid19.  Poderían recibila antes de que remate o ano ou nas primeiras semanas de 2021, se todo continúa segundo o previsto. A histórica campaña arrancou onte na capital galega. Unha residente dun xeriátrico compostelán foi a primeira galega en recibi-la dose.

Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés agardan pola súa vacina 1.500 anciáns e 700 traballadores dun total de 17 residencias de maiores.

A primeira fase da campaña de vacinación contra a covid arrancaba onte en Santiago e agora estenderase ás 7 áreas sanitarias galegas.

A primeira galega en vacinarse contra o coronavirus chámase Nieves, ten 82 anos e vive nunha residencia de maiores de Compostela.

Unha vez vacinada, recoñecía atoparse en perfectas condicións. A muller sentíase feliz despois de ser vacinada, agradecendo ó persoal da súa residencia o seu traballo.

O inicio da campaña da vacinación en Galicia transcorreu segundo o previsto. Tratouse dun acto case simbólico, que serviu para escenifica-lo que pode se-lo inicio do fin.

Parte do mérito recae tamén no equipo sanitario que onte deu o pistoletazo de saída ás vacinacións. Nos últios días recibiron formación especifíca, debido ós controis que precisa o fármaco de Pfizer.

A previsión do Sergas é que esta primeira fase da campaña de vacinación contra o coronavirus remate a máis tardar a comezos do mes de febreiro. Dito doutro xeito, ben antes de que remate este 2020 ou nos primeiros compases do ano vindeiro, a intención é que tódolos residentes e persoal dos centros de maiores estean inmunizados contra a covid-19.

Segundo os cálculos de Sanidade, vacinarase a un ritmo dunhas 1.000 persoas por día, co reparto semanal de 18.000 doses nas sete áreas saniatarias galegas. Esa vacinación, así e todo, non poderá comezar ata o mércores, logo do retraso loxístico que sufríu Pfizer na distribución da segunda remesa de doses en 8 países europeos, entre eles, España.